O PCG Ferrolterra quere amosar o seu total apoio ós traballadores de Mantenento de Navantia na defensa dos seus dereitos laborais e sindicais.
A patronal auxiliar, en complicidade coa dirección de Navantia, pretende a eliminación do comité de empresa dividindo ós traballadores ó fragmentar os contratos. A mesma táctica de sempre.
Saben que a forza dos traballadores é a unión e a organización, e por isto adoptan esta prácticas antiobreiras e antisindicais. Se sempre debemos consideralas intolerables, o caso é moito máis grave cando o fai unha empresa pública.
O PCG fai un chamamento a todos os traballadores a apoiar e participar nas movilizacións, que coidamos deben enmarcarse nunha estratexia de unificación e extensión das loitas na comarca.

Deja una respuesta