Dende o Partido Comunista de Galicia (PCG), especialmente dende a súa organización en Ferrolterra, queremos amosar o noso total apoio a movilización convocada para este xoves 17 de decembro, convocada polos sindicatos CCOO, UGT e CIG. Facemos un chamamento a todos os traballadores e traballadoras da comarca a participar na mesma.
Ao virus biolóxico sumouse o virus económico do capitalismo, que aproveitou esta situación de «tormenta perfecta» para redobrar a súa presión sobre a clase traballadora. Ese proceso global notámolo dun xeito especialmente agudo nesta comarca, que vive unha crise industrial e social permanente. Eis temos os casos de Alcoa, Siemens, Poligal, Endesa e o peche ou deslocalización de pequenas empresas que operan o carón das grandes, como acontece coa a industria auxiliar do naval afectada pola falla de carga de traballo en Navantia.
Hai que poñer pé en terra en algún momento e dicir “xa abonda”. É necesario un proceso de recuperación de conciencia e de reorganización da clase traballadora. Dende o PCG consideramos que esta, e outras mobilizacións que virán, deben ser punto de inflexión colectivo. Temos que deixar de defendernos de xeito reactivo fronte ás agresións e pasar á ofensiva. Só adoptando posturas verdadeiramente reivindicativas, e dende a unidade de clase, podemos presionar para que se adopten dunha vez as necesarias medidas a prol da maioría social.
POLO FUTURO INDUSTRIAL DA COMARCA DE FERROLTERRA
POLO FUTURO DA INDUSTRIA DE GALICIA.

Deja una respuesta