Reconstruir o común: A industria en Vigo

Share

Desde o núcleo de industria e construción da comarca de Vigo do PCG puxémonos en contacto con dirixentes sindicais dalgúns dos sectores máis representativos da industria da nosa zona. O obxectivo era analizar con eles a situación do sector e recoller as súas principais reivindicacións. Dentro da campaña “reconstruír o común” cremos necesario reivindicar o traballo realizado por quen crea a riqueza. Pór en valor o traballo da clase obreira industrial e analizar a súa situación .

Desde o PCG facemos un chamamento á clase obreira para que se organice e loite polos seus dereitos. Ante a crise económica e a agudización da loita de clases debemos fortalecer as organizacións dos e das traballadoras. Estas son ferramentas imprescindibles na loita diaria polos nosos dereitos. Debemos manter engrasada a ferramenta, afiliándonos e colaborando cos sindicatos de clase. A nosa unidade é a nosa maior fortaleza!

Fajo, sindicalista da CUT en Vigo

Noemía, representante de CCOO Industria

Jose, representante de CCOO no asteleiro Metalships

Share