O Partido Comunista de Galicia solidarízase e apoia a loita das traballadoras do telemarketing en Unísono Vigo e do seu Comité de Empresa.
No mes de marzo tras o decreto de estado de alarma, a empresa non respectou as medidas de seguridade establecidas de 1,5 metros de distancia e tampouco administrou EPIs ás traballadoras.
O teletraballo chegou tarde a Unísono Vigo que foi o último centro do Estado Español no que se implementou discriminando ás traballadoras da nosa cidade, priorizando os beneficios empresariais e xogando coa saúde do cadro de persoal.
O Comité de Empresa de acordo coa lexislación laboral decretou a paralización da actividade entre os días 18 e 24 de marzo.
Sen embargo, a empresa descontou nas nóminas das traballadoras os días da paralización da actividade. As autoridades laborais deron a razón ás traballadoras e aos representantes sindicais. Sen embargo, Unísono segue sen ingresar as cantidades descontadas das nóminas e negouse a negociar de forma amistosa co Comité de Empresa.
Dende o Partido Comunista de Galicia instamos a empresa a que recapacite e apoiamos ás traballadoras e representantes sindicais na loita contra os abusos de patronal.
NON MAIS ABUSOS EN UNISONO VIGO!
VIVA A LOITA OBREIRA!
Deja una respuesta