O Partido Comunista de Galicia en lamenta o peche definitivo de Isowat.

Share

O Partido Comunista de Galicia en lamenta o peche definitivo de Isowat, despois dunha longa loita por parte dos traballadores e tras a nefasta xestión dos propietarios da empresa e as administración públicas.

Isowat, que contaba con máis de 50 anos de historia, pecha pese a dedicarse a un sector en alza e manter carga de traballo até a entrada en concurso do grupo inversor propietario. A calidade da produción de Isowat tense amosado pola entidade dos seus compradores, así como a exportación ao estranxeiro. Isowat proveía de compoñentes eléctricos a empresas como Navantia, Naturgy, Iberdrola ou Red Eléctrica. A profesionalidade dos traballadores e a demanda existente, unha xestión nefasta dos propietarios abocan aos  traballadores ao paro, trala firma dun ERE de extinción.

A historia de Isowat é a historia da incapacidade dos propietarios capitalistas. Nomes recoñecidos pola súa nefasta xestión empresarial, como Mario Conde, fondos de inversión varios, dedicados sempre a maximizar beneficios sen interesarte polas necesidades dos traballadores, etc. Todo isto rematou na xestión ruinosa de Roberto Díaz Rincón, que levou a empresa á creba. O grupo propietario, Invertaresa, acababa en concurso de acredores, situando os traballadores nunha situación moi precaria.

Os esforzos dos traballadores por tentar manter a empresa tras o desastre propiciado polo propietario foron infrutuosos. Feijóo deixou de lado as demandas destes traballadores, e Abanca, propietaria da nave e acredora no proceso concursal, demorouse na elaboración dunha oferta para un comprador interesado.

O Partido Comunista de Galicia en amosa a solidariedade cos traballadores de Isowat. De novo ducias de obreiros perden o seu posto de traballo pola avaricia en incapacidade dos propietarios da empresa, ante a inacción das administracións públicas. O PCG defende a necesidade dun sector público forte, e do reflote da Industria e dos sectores estratéxicos da economía como condición “sine qua non” para que o país teña futuro e  se garantan os postos de traballo estable e servizos de calidade.

 

Share