[#Vigo] COMUNICADO DE APOIO AOS E ÁS TRABALLADORAS DE BOSCH EN VIGO

A dirección de Bosch Vigo pretende sacar adiante un caótico ERTE que podería afectar a máis de 800 traballadoras e traballadores. Logo de anos de precarización, conxelación de salarios e […]
Share

A dirección de Bosch Vigo pretende sacar adiante un caótico ERTE que podería afectar a máis de 800 traballadoras e traballadores.

Logo de anos de precarización, conxelación de salarios e exixencias de produtividade desmesuradas, a dirección de Bosch Vida da un novo salto na súa fuxida a ningures para disimular a súa nefasta xestión e lanza un ERTE cuxas condicións mudan dun día para o outro e sobre o que se teñen serias dúbidas sobre a súa validez legal. Xa despediron a 200 persoas da ETT e agora pretende un axuste temporal de entre 15 días e dous meses para outras 600 do plantel.

Tratase da segunda empresa da cidade polo número de traballadores polo que non podemos consentir que se fagan as cousas de forma arbitraria, sen informar debidamente e incluso que se intente coartar a liberdade sindicar tratando de impedir que os sindicatos informen.

Tampouco se entende unha forma de xestión tan obtusa como a que se está realizando en Bosch que, en complicidade con Vodafone intentase trasladar súas malas xestións ao plantel de forma íntegra. Non parecen darse conta de que apoiar a deslocalización que pretende levar a cabo Vodafone vai en contra dos seus propios intereses a medio prazo.

Dende o Partido Comunista de Galicia lanzamos un rotundo mensaxe de apoio ao persoal de Bosch e os seus representantes sindicais e aplaudimos a decisión destes de recorrer a decisión da empresa tanto xuridicamente como a través dos representantes políticos no Parlamento de Galicia. Apoiaremos tamén outras medidas, como a folga ou as mobilizacións, que aproben os e as traballadoras.

Share