[#Vigo] O PCG en Vigo oponse á implantación do casino proxectado para A Laxe

Share

O Partido Comunista de Galicia en Vigo oponse á apertura da sucursal do casino de A Toxa, que se realizará nos próximos meses, no centro comercial de A Laxe en Vigo. Así mesmo esiximos ás clases explotadoras que deixen de tratar de corromper ao pobo para apropiarse, unha vez máis, dos escasos recursos económicos da clase obreira a través do vicio do xogo. Así mesmo, reivindicamos a recuperación do ocio social e o deporte popular e de barrio.

Non é algo novo, senón que, dende a implantación da Ley de regulación del Juego de maio do 2011, estamos observando como tanto en internet coma nos barrios e bares obreiros se está enchendo de máquinas e casas de apostas nas que calquera persoa pode apostar nos partidos de calquera deporte ou evento. Sendo o fútbol o maior puntal. Actualmente dos 20 equipos de fútbol de primeira división, 19 están patrocinados por unha empresa de apostas. Listaxe na que se inclúe ao Celta de Vigo. Cada partido os afeccionados que se reúnen diante dunha pantalla de TV ou asisten ao campo de fútbol reciben unha elevada dose de información sobre como apostar.

Trátase este dun modelo de negocio que, mediante a falacia liberal do sistema capitalista nos di que grazas o esforzo individualista calquera pode vivir sen traballar, está enfocado a extracción do escasos recursos económicos da clase obreira. A isto súmase que, grazas ás facilidades para crear unha conta dende internet, actualmente non existen filtros reais para que nenos, persoas adictas.

Por todo isto, as comunistas reivindicamos:

  • Un modelo de ocio social e non mercantilizado que nos asegure unha vida digna.
  • A recuperación do ocio e o deporte popular e de barrio, libre de patricado e enfocado a valores como a solidariedade, o a socialización e facendo de esta actividade non un medio senón un fin.
  • A recuperación da Casa da Xuventude e campañas informativas contra este negocio.
Share