O Partido Comunista de Galicia denuncia o despilfarro dos gastos en concepto material invertidos nas rúas de Vigo tras a firma dun contrato cunha empresa no cal gastaránse 4,5 millóns de euros en só o aluguer de luces do nadal. Parécenos excesiva a cifra gastada, inda que sexa en varios anos, nunha cidade cun 21 por cento de pobreza familiar. Na que temos por solucionar problemas máis acuciantes como a escaseza de comedores e albergues sociais, ou as deficiencias nos colexios públicos e o transporte.
O Partido Comunista de Galicia tamén denuncia a instalación das luces do Nadal nas fachadas dos edificios sen autorización das comunidades de veciños. Outro ano máis denunciase este abuso de poder e volven as queixas de veciños. Así mesmo unha empresa subcontratada perfora as fachadas sen aviso previo.
Así outra vez o sistema capitalista viola os dereitos das persoas e a inviolabilidade da propiedade privada que tanto defenden os políticos máis liberais. O único fin que ten o alcalde e ó de revalidar a maioría absoluta que por desgracia ten nas vindeiras eleccións municipais.
Deja una respuesta