En apoio do 8M

Share

Desde o PCG e a XC apoiamos a convocatoria da xornada de folga feminista do vindeiro 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. É urxente dicir basta e denunciar a situación de desigualdade, precariedade e de violencia que sufrimos as mulleres, pola nosa dobre explotación de clase e xénero, como pola falta de compromisos e políticas por parte do Goberno, que axuden a erradicar a desigualdade entre homes e mulleres, unha desigualdade inherente ao modelo de sociedade patriarcal que nos impón o sistema capitalista.

Esta folga servirá para facer visibles as inxustizas e a explotación a que nos vemos sometidas as mulleres en todas as esferas da nosa vida, como pode ser a precariedade laboral, a invisibilización e a falta de corresponsabilidade no traballo doméstico e de coidados. Por iso, está non é unha folga laboral corrente, si non que se expande a outros espazos, trátase tamén dunha folga de coidados, de consumo e estudantil.

Sabemos que si as mulleres nos mobilizamos e tomamos consciencia da nosa explotación poderemos colapsar o sistema. O traballo produtivo e reprodutivo que realizamos as mulleres é indispensable para o sostén da economía e da sociedade.

Se nós paramos, o sistema desplómase!

Share
Etiquetas: ,