O traballo social e institucional do PCG no Val Miñor

Share

A militancia do PCG do Val Miñor están mantendo xuntanzas periódicas para a formación dunha Agrupación local. Un dos obxectivos principais é a coordinación do traballo municipal entre os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán. Algúns temas importantes que cómpre defender conxuntamente son as condicións laborais do persoal contratado polos concellos, a obtención de datos sobre persoas en situación de exclusión ou de- pendencia, a contaminación do río e da foz do Miñor, o transporte público ou a organización de eventos culturais ou deportivos en común. Froito desta cooperación estanse levando a cabo algunhas iniciativas, como a recollida de sinaturas para presentar á Xunta unha iniciativa lexislativa popular pola creación dun parque de bombeiros na Mancomunidade que inclúa ao persoal do actual Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), que é a única dotación de emerxencias coa que contan nestes momentos, xa que o parque de bombeiros máis próximo atópase en Porriño. Por outra banda, xa levaban meses reivindicando mellores medios materiais e persoal. Por outra banda, no concello de Nigrán, dende a oposición, Nigrán Decide está a loitar, entre outras cousas, pola bonificación de taxas e tributos en función da renda. Unha das campañas de Gondomar Concello Aberto (CABE) é a modificación do proxecto do novo Centro de Saúde para que sexa capaz de atender a toda a poboación do concello.

 

Share
Etiquetas: