Tras o debate mantido o martes no Café Catro a Catro con varios colectivos feministas de Vigo, así como con mulleres e homes a título individual, concluímos que a economía nin é raíz nin é complemento do patriarcado.
No momento actual a economía convertese na estrutura do patriarcado; por qué? Por que a economía nos supedita ao control económico, por que os procesos migratorios, derivados da feminización da pobreza ponnos na dicotomía da explotación da muller pola muller, o cumprimento dos canóns establecidos e a heteronormatividade, está supeditada ao poder adquisitivo , da muller, especialmente no colectivo LGTBI. A economía nos discrimina e segréganos, para que o home poida manter a súa posición de privilexio. Polo uso do matrimonio, como institución de opresión , no que perpetuar o patriarcado sendo nexo da explotación sexual e a imposición da maternidade como medio de control social. Economía e patriarcado reinvéntanse e evolucionan conxuntamente, para que nada cambie para a muller.
Fronte a isto o traballo de mulleres e homes feministas é rachar cos estereotipos e a xerarquía imposta. As compañeiras, que onte partillamos no debate temos claro, cal é o camiño…
TRABALLO , nos diferentes movementos onde poder crear redes de sororiedade con outras mulleres
TRABALLO, na rúa para facernos visibles na loita pola recuperación dos espazos arrebatados.
E TRABALLO, para concienciar ao conxunto da sociedade na necesidade do feminismo, para que a muller poida acadar a súa emancipación.
Deja una respuesta