Os traballadores e traballadoras teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O empresario debe cumprir as obrigacións establecidas na normativa sobre prevención de riscos laborais, e o custo que isto supón nunca recaerá sobre os traballadores e traballadoras. Estas obrigacións aparecen agrupadas no Capítulo III da Lei de Prevención de Riscos Laborais:
1. CONDICIÓNS E ORGANIZACIÓN DO TRABALLO:
1.1. Garantir equipos de traballo adecuado.
1.2. Proporcionar aos traballadores e traballadoras equipos de protección axeitados e velar polo seu uso efectivo.
1.3. Analizar as medidas a adoptar en situacións de emerxencia.
1.4. Adoptar medidas e dar as instrucións necesarias en caso de perigo grave ou inminente.

Deja una respuesta