Onte deixábanos José Chapela “Chimé”, primeiro alcalde da Cangas do Morrazo na restauración da democracia. Primeiro alcalde comunista.
Nun momento onde a carácter líquido dos tempos políticos e a súa velocidade fan máis imprescindible a militancia real, botar a vista cara atrás e ver o exemplo de centos de mulleres e homes como Chimé, debe facernos reflexionar sobre a importancia da xenerosidade de quen adica a súa vida á noble tarefa de tratar de mellorar a vida das demais e quen, ademais, faino no camiño con outras e outros diferentes.
O camarada José Chapela foi alcalde co apoio das outras forzas da esquerda e do nacionalismo que concorrían ás eleccións municipais de 1.979 facendo fronte así á primeira forza naqueles comicios, a UCD. Convertíase, entón, nun dos moitos alcaldes que o PCE obtivo nese proceso.
Avogado de profesión, aportounos, probablemente como un dos puntos máis significativos de esa etapa, entre moitas outras cousas, a participación das veciñas e veciños nos plenos e permanentes municipais. E o convencemento de que a política municipal transcendía o ámbito cotiá do próximo para subsumirse no todo dunha globalización capitalista que fai, precisamente, imposible a práctica democrática das e dos cidadáns coma suxeitos de dereito.
Do local ao global para pelexarmos polo “para todos, todo”.
Gracias camarada!!
O falecemento do camarada Pepe «Chimé»
énchenos de tristeza. Máis quédanos o recordo da súa loita e o seu paso pola Alcaldía de Cangas. Foi o primeiro alcalde comunista tras as eleccións do 1979. Foi un premio merecido o PCG despois da longa loita contra o franquismo e que o pobo soubo apreciar ao Partido. Ata sempre camarada. A loita será longa pero coa certeza que venceremos.
Chapela fue un hombre integral, muy honesto, valiente e inteligente. Muy apegado a su terruño de Cangas y tambien al pueblo cubano.Demostró una gran preocupación por el mejoramiento del ser humano, su caracter alegre, jaranero y jovial no lo desligaban del hombre justo,y el profesional dispuesto a enfrentar cualquier tipo de problema. Galicia perdió a un gran hijo, y muchos cubanos perdimos a un gran hermano. Que descanse en la paz que merece