AS MARCHAS DA DIGINIDADE VOLVEN ÁS RÚAS O 28 DE MAIO

O 22 de marzo de 2014 millóns de persoas saíron ás rúas esixindo Pan, Traballo e Teito nunha marea humana pola dignidade e contra os recortes de dereitos e liberdades. […]
Share

O 22 de marzo de 2014 millóns de persoas saíron ás rúas esixindo Pan, Traballo e Teito nunha marea humana pola dignidade e contra os recortes de dereitos e liberdades. Dous anos despois pouco ou nada cambiou e a tan manida recuperación non chega ás clases populares.

Os datos desmontan a campaña dos gobernos da troika. No estado español temos uns índices de desemprego estrutural que superan o 20%, un 40% das persoas desempregadas non ten cobertura económica, os salarios non soben sobre os índices pactados e sitúanse en límites de pobreza. Hoxe ter emprego non é sinónimo dunha vida digna; os ERE´s e despedimentos están á orde do día polos efectos das Reformas Laborais do PSOE primeiro e do PP despois; case un millón de fogares non teñen ningún tipo de ingreso; a diferenza salarial home-muller sitúase preto do 30% e os empregos para a mocidade son precarios e non facilitan un proxecto de vida.

A pobreza sitúase en taxas de máis do 30% da poboación afectando á infancia de maneira alarmante. Esta situación leva a que sigan botando a xente das súas casas, córtense os servizos básicos. A violencia machista cobrouse 32 vítimas, as mulleres son dobremente explotadas no fogar e no traballo cos peores empregos e menos salarios.

Hai unha degradación progresiva dos servizos públicos, primeira fase da privatización dos mesmos, e os servizos privatizados non cobren as necesidades da maioría social traballadora deste país, así, na sanidade morren persoas por non ser atendidas e se masifican os establecementos sanitarios. A educación está, outra vez, en pé de mobilización pola aplicación da Lei Wert e os gobernos social e neoliberais favorecen á educación privada nas súas distintas modalidades. Da mesma forma as privatizacións están na orixe da denominada pobreza enerxética e que unha parte moi importante da sociedade empobrecida non teña ou non poida acceder aos servizos básicos, luz, auga, gas.

As clases populares e traballadoras son as que sofren os efectos das políticas capitalistas e criminais da troika, ademais, somos sobre os que recae a carga impositiva dunha fiscalidade que favorece ás grandes fortunas como estamos a ver cos efectos da amnistía fiscal do PP. A corrupción volveu ás primeiras páxinas cos chamados Papeis de Panamá, que puxeron de manifesto que os e as «patriotas» o son do diñeiro e non coa xente deste país, entre eles é significativo o expresidente Aznar, evasor fiscal.

A débeda e a reforma do artigo 135 da C.E. son a laxa sobre a que se sustenta unha política para beneficiar aos especuladores internacionais e non cubrir as necesidades da maioría social traballadora para vivir con dignidade. A UE como proxecto capitalista incumpre os dereitos humanos como vimos na crise dos refuxiados e o acordo da vergoña e consolídase un modelo elitista e xenófobo á vez que antisocial.

As poboacións sofren a represión por esixir medidas suficientes para a súa subsistencia no exercicio da liberdade de expresión e de mobilización, os e as activistas sociais, sindicalistas son encarceradas e condenados nun claro acto de intimidación do réxime.

Ante esta situación, o PCG apoia as mobilizacións convocadas polas Marchas da Dignidade e outros colectivos como unha «Revolución Democrática para Europa», e anima a sumarse a sindicatos, colectivos sociais e formacións políticas á mobilización que terá lugar este sábado 28 de maio en Lugo ás 12h reclamando Pan, Traballo, Teito e Dignidade e unha Europa dos pobos.

O PCG expón un marco político e social para unha revolución democrática que contemple:

1. Democratización do Estado (República, órganos de poder popular en todos os niveis da administración e garantir o dereito de autodeterminación dos pobos co obxectivo da república federal).

2. Desprivatización dos sectores estratéxicos da economía: banca, enerxía, auga, telecomunicacións, comunicación, gran distribución de alimentos, e do conxunto dos servizos públicos: educación, sanidade, servizos sociais e demais servizos básicos.

3. Reforma laboral e das pensións: repartición do traballo para o pleno emprego, igualdade salarial de xénero, protección da maternidade (permisos, baixas, axudas), rebaixa da idade de xubilación e Traballo Garantido.

4. Plan de soberanía enerxética e alimentaria.

5. Plan integral para a sustentabilidade ambiental: cidades, industria, transportes e similar.

6. Loita contra o sistema patriarcal: na educación, nas administracións do estado e nos medios de comunicación.

7. Romper coa UE e o euro, NON ao TTIP. Auditoría cidadá da Débeda Externa.

8. Saír da OTAN e democratizar as forzas armadas.

9. Separación Igrexa-Estado, laicidade, relixión fóra da escola.

10. Derrogación das Leis Mordaza

Share