[Vigo] NO 98 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN SOVIÉTICA

Foi o 25 de outubro de 1917, polo vello calendario ruso e o 7 de novembro polo calendario gregoriano, cando tivo lugar a máis grande e trascendental das revolucións, a […]
Share

Foi o 25 de outubro de 1917, polo vello calendario ruso e o 7 de novembro polo calendario gregoriano, cando tivo lugar a máis grande e trascendental das revolucións, a que cambiaría o rumbo da Historia por ser a primeira hexemonizada pola clase obreira.

Así, a Gran Revolución Socialista de Outubro derrubaría o mito de que o poder debía pertencer, por dereito propio, aos ricos e poderosos, e poñería as rendas do seu destino en mans do proletariado e o campesinado. Como o mesmo Lenin decía nunha das súas intervencións públicas ao pobo ruso naqueles días: “Recordade que desde agora vós mesmos dirixides o Estado!”.

Sen lugar a dúbidas, a revolución proletaria de outubro de 1917, non foi un acto espontáneo senón que se trata dunha acción consciente, dirixente e organizadora dun partido revolucionario que soubo tomar a iniciativa que as circunstancias históricas esixían para defender ás clases sociais oprimidas pola tiranía da nobleza zarista, da clase burguesa e do capitalismo internacional.

Dende o Partido Comunista da comarca de Vigo non queremos deixar pasar a oportunidade de lembrar un ano máis a importancia que tivo a revolución rusa para abrir as portas dunha nova etapa na historia da humanidade por onde transitarían outras revolucións de protagonismo obreiro e campesiño ou de movementos antimperialistas de liberación nacional.

Os ataques contra a Revolución de Outubro, financiados polo imperialismo mundial, cairon sobre a revolución socialista dende o seu inicio. Cando na II Guerra Mundial os exércitos nazis lanzaron a campaña contra a Unión Soviética, tiñan moi claro que aquel era o inimigo a bater. A furia dos exércitos nazis no seu avance cara a Moscova, ocasionou a destrución total da infraestrutura de fabricación e agro-industrial que o socialismo fora forxado en medio a invasións, terrorismo e sabotaxe financiado polo capitalismo.

Inda así, os éxitos foron históricos:

  • Os bancos, con todo o capital do que dispuñan, e as empresas industriais pasaron a mans do Estado.

  • Todas as grandes propiedades da antiga familia dos zares, da nobreza e da Igrexa foron confiscadas polo Estado. A gran propiedade agraria foi suprimida sen indemnización para poñela en mans do Estado e ao servizo das masas campesiñas. Permitiuse que seguise existindo a pequena propiedade privada en mans de agricultores.

  • Foi o primeiro país en lograr o pleno emprego. Implantou a primera rede sanitaria pública e xeral da historia. Implantou un sistema educativo laico e gratuíto de altísimo accesible para homes e mulleres da clase obreira en tódolos niveis. Logros científicos enormes.

  • Conseguíronse conquistas como o matrimonio civil, o dereito ao divorcio, a igualdade salarial entre homes e mulleres, o dereito ó aborto libre e gratuíto, etc.

Derrotada a revolución por erros internos, os feitos mostran, 98 anos despois que o capitalismo, coa súa busca da acumulación a toda costa, é incompatible coa vida humana e co planeta no que vivimos. Por iso, desde o Partido Comunista da comarca de Vigo mantemos o noso firme compromiso de continuar a loita pola defensa dos intereses da clase traballadora e pola construcción dun proxecto de transformación da sociedade coa superación de calquera forma de explotación, opresión e dominación patriarcal. A xustiza está de noso lado.

Share