[Vigo] COMUNICADO EN REPULSA Á VIOLENCIA MACHISTA

Desde o PCG-Comarca de Vigo queremos amosar a nosa repulsa ao terrorismo machista que onte elevou a 4 as mulleres asasinadas por mans dos seus compañeiros na Galiza. Onte foi […]
Share

Desde o PCG-Comarca de Vigo queremos amosar a nosa repulsa ao terrorismo machista que onte elevou a 4 as mulleres asasinadas por mans dos seus compañeiros na Galiza. Onte foi un día especialmente sangrante ao seren 3 as mulleres no estado español que pagaban coas súas vidas o custe dunha sociedade patriarcal.

A violencia contra as mulleres é utilizada para someternos ao mandato do patriarcado e así poder facer uso das nosas vidas como lle conveña, desde obrigarnos a parir ata explotarnos sexualmente. Cando unha muller se rebela e non obedece a esa orde, a violencia física é utilizada como último recurso dunha serie de violencias previas que fracasaron no intento de dominarnos.

Os asasinatos machistas, as agresións físicas, a violencia psicolóxica afondan as súas raíces nunha desigualdade estrutural entre homes e mulleres que se ve alimentada polos retrocesos e recortes que se nos veñen impoñendo escusados na situación de crise económica

A nosa tarefa é a loita contra esta inxustiza na convicción de que tan só desaparecerá a violencia machista a través da erradicación do sistema patriarcal, aliado inseparable do capitalismo, e a construción dunha nova sociedade onde se garanta a imposibilidade de todo tipo de explotación; tanto de xénero como de clase.

Desde o PCG sumámonos á mobilización de condena aos asasinatos machistas e animamos ao conxunto da clase obreira a acudir á mesma, mostrando con forza a nosa condena á violencia machista, o mércores 7 ás 20h, diante do MARCO.

Share