[Vigo] COMUNICADO DE APOIO ÁS MOBILIZACIÓNS DO METAL

  Tras 9 meses, e 14 reunións, a negociación do convenio do metal de Pontevedra está practicamente paralizada dende o verán. Coa chegada do curso político retómanse as xuntanzas, mais […]
Share

 

Tras 9 meses, e 14 reunións, a negociación do convenio do metal de Pontevedra está practicamente paralizada dende o verán. Coa chegada do curso político retómanse as xuntanzas, mais a patronal ten bloqueadas as negociacións coa súa pretensión de eliminar as limitacións ás ETTs e de rebaixar dun 50 a un 35% o plantel de traballadores fixos nas empresas. Ademais, queren eliminar o complemento de eventualidade, perdéndose así 87€ por traballadora e mes.

Os traballadores e traballadoras do metal continúan a mobilizarse en contra das propostas da patronal, quen insiste en conxelar os salarios (só aceptando unha suba dun 0,5 e dun 0,75% para 2015 e 2016 respetivamente) deixando á clase obreira unha única saída: intensificar a loita. Tras a xuntanza deste martes na que, de novo, non se deron avances, o metal da provincia comeza a falar de folga. E non é para menos, pois o sector do metal conta con algo máis de 22000 traballadores na provincia de Pontevedra, 8000 menos que no anterior convenio de 2009. Isto é debido a que unha parte deses traballadores emigraron a Holanda e Alemania.

O veto destes dous países ao Tax-le aumentou a inseguridade xurídica deste sistema de axudas europeo e dificultou aínda máis a obtención de créditos, xa que a banca xa vía con lupa todos os proxectos despois do calote de 50 millóns que Fillos de J Barreiras metera á banca da comarca. Así, o financiamento de novos encargos é o principal hándicap do sector na actualidade, xa que hai pedidos suficientes esperando financiamento.

Pero a metalurxia da provincia ten futuro. O sector da enerxía eólica no mar (offshore) está dando traballo á comarca a través duns contratos asinados por Navantia para o parque marítimo que promove Iberdrola en Alemaña. Non podemos esquecer a implicación disto, pois supón carga de traballo tamén para outras empresas da provincia. Tamén hai unha importante oportunidade no sector da aeronáutica onde ten un papel destacado a empresa Delta Vigo. A aposta por estes dous sectores e fundamental xa que teñen unas boas expectativas de estabilidade laboral de creación de postos de traballo.

Porén, a patronal continúa centrándose na precarización da clase traballadora, con despedimentos inxustificados e baixadas de salario, independentemente do sector. É por iso que é de extrema importancia e necesidade que as traballadoras da provincia se solidaricen co metal e loiten unidas polos seus dereitos e por postos de traballo dignos.

Acude á manifestación, solidaricémonos!

Xoves ás 19.30 horas nas sedes de UGT, CC OO e CIG con cortes de tráfico no entorno de García Barbón, de Navia e Gregorio Espino.

 

Share
Etiquetas: , ,