A VITORIA NA FOLGA DE LANTERO: CAMIÑO A SEGUIR CONTRA AS AGRESIÓNS DO CAPITAL

Share

O persoal de Lantero en Vilagarcía de Arousa, tras 118 días de folga, logrou que a empresa retirara os despedimentos e a externalización de parte da produción da planta situada no Salnés.

O PCG felicita ao conxunto do persoal por manter con dignidade esta inmensa loita de moitos días, por estender por toda a comarca, Galicia e o resto do estado a súa épica defensa dos postos de traballo e, sobre todo, por entender que a loita organizada da clase traballadora é un instrumento indispensable para parar as agresións do capital.

Sería impensable un escenario no que a empresa retirase a proposta de despedimentos e asinase un acordo referendado pola maioría da asemblea, coa readmisión dos despedidos no mesmo, sen o esforzo de loita e de visibilización do conflito que o persoal de Lantero, a sociedade arousana, CCOO, Esquerda Unida e outras forzas políticas da comarca levaron a cabo nestes duros meses.

O PCG considera que Lantero inscríbese no capítulo de loitas obreiras con bo suceso que se teñen aberto neste país especialmente trala aprobación da reforma laboral do PP, que converteu a figura xurídica dos ERES nun instrumento de uso arbitrario por parte de empresas que non teñen declarado mesmo perdas, loitas como as da COCA-COLA en Fuenlabrada, Cleanet en varios centros do estado, etc…

O PCG chama a redobrar esforzos por visibilizar os conflito laborais no noso país, sinalando co dedo aos empresarios piratas e escravistas que pretenden empregar a reforma laboral como ferramenta de destrución dos dereitos laborais e sindicais.

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA

logo_sintura

Share
Etiquetas: , ,