A XUVENTUDE COMUNISTA APOIA A FOLGA XERAL COMARCAL EN FERROL O DÍA 12

Share

xcg

As organizacións sindicais, veñen de unirse en Ferrol para convocar unha Folga Xeral Comarcal para o mércores 12 de xuño,mostra de grande conciencia de clase xa que ante esta situación asumen a responsabilidade de organizárense en conxunto e co conxunto da clase traballadora da comarca ante a “emerxencia total” que sufre Ferrolterra, con cifras de desemprego real porriba do 25% no conxunto da comarca, e con cifras de paro xuvenil entorna o 50% situación dende todos os puntos de vista insostible, e que amosan o fracaso total das políticas dos sucesivos gobernos estatais e da xunta que non foron quen de aproveitar o potencial técnico e humano da comarca.

Por elo a xuventude comunista e mais o partido comunista responsablemente e activamente asumen a tarefa de apoiar esta folga xeral, colaborando nas actividades que sexan precisas para acadar o éxito neste paro, para que sirva de exemplo e advertencia ós poderes fácticos e sistémicos tanto do estado como do pais que sirva de mostra de que a clase obreira comeza a organizarse pola base contra as políticas de sufrimento e debaluacion do prezo da forza de traballo.

Con motivo do paro, que as centrais sindicais agardan sexa un éxito en contra das «nefastas políticas do goberno estatal e da Xunta», están convocadas tamén asembleas nos diferentes centros de traballo e co tecido asociativo comarcal así como unha manifestación que partirá ás 12:00 horas dende o Inferniño e rematará na Praza do Concello. A xuventude comunista apoia a unión e a loita da clase obreira como vía para a construción do poder popular, con Ferrolterra esiximos solucións.

Share
Etiquetas: , ,