Luís Ferreiro, unha vida dedicada ós traballadores

Deixounos Luís Ferreiro, militante comunista, sindicalista e incansable loitador polos dereitos da clase obreira.A pasada madrugada do 9 de xaneiro deixounos o camarada Luís González, máis coñecido dende a clandestinidade […]
Share

Deixounos Luís Ferreiro, militante comunista, sindicalista e incansable loitador polos dereitos da clase obreira.
A pasada madrugada do 9 de xaneiro deixounos o camarada Luís González, máis coñecido dende a clandestinidade polo seudónimo de Ferreiro. Déixanos moitas páxinas nos nosos recordos, escritas pola súa actividade e entrega loitadora pola democracia que o fai merecedor dun personaxe cun rumbo claramente definido, que representa un valor da nosa democracia e da nosa liberdade.

Coma outros coñecidos camaradas, pola súa enorme capacidade de renuncia e entrega á loita dos e das traballadoras, Luís regresa da emigración ao seu país nos años sesenta para loitar contra a Ditadura e por un réxime de liberdades en España, integrándose no difícil traballo clandestino da infraestrutura galega do Partido Comunista.

A súa recia personalidade e aspecto sobrio e prudente, amosaban unha aparencia moi próxima, aínda que era una persoa cordial que transmitía gran confianza e cun bo sentido do humor cuxa conversa sempre resultaba ilustrativa e amena.

Luís é daqueles militantes que se deixaron a pel na consolidación das organizacións do Partido, que tiveron a sabedoría e demostrado o silencio nos complicados montaxes de propaganda na clandestinidade. Por iso recordamos o exemplo da súa entrega comunista nos difíciles anos de loita antifranquista, coma militante activo no silencio da propaganda e coma compañeiro no Comité Central dende a fundación do PCG.

Xentes coma Luís seguen a ser exemplo na sociedade democrática, na convivencia diaria ou na morte. O seu exemplo tivo o vigor do traballo silencioso, rigorosamente clandestino. Establecendo o cordón fundamental da mensaxe e a información do Partido coas fábricas, cos barrios, preto da xente.

En nome do Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista reciban o noso sentido pésame os teus familiares coa tenrura e cariño que merecedes. En nome dos comunistas do mundo queremos que o teu recordo permaneza presente en todos nós.

Share