O PCG ante o desaloxo de dúas vivendas en Lugo.

Share

A pasada fin de semana produciuse en Lugo un desaloxo de dúas vivendas situadas no mesmo edificio da rúa Yañez Rebolo e que estaban nese momento ocupadas por persoas en situación de vulnerabilidade. O suceso tivo eco nos medios de comunicación mais alá da cidade, sendo recollidos pola prensa estatal e desatándose de novo o debate sobre a ocupación e cal
debe ser a resposta máis axeitada á problemática. Desde o núcleo comarcal do Partido Comunista de Galicia manifestamos:

1.- O noso partido móstrase favorable ao dereito universal a unha vivenda digna. O que non é de recibo é que nunha cidade como Lugo, cunha densidade altísima de vivendas baleiras, o acceso ao habitaxe continúe a ser un problema para colectivos vulnerávels. Ésta situación denota
a verdadeira problemática, a cal é que o libre mercado da vivenda, e en última instancia o sistema capitalista no seu conxunto, non pode dar resposta as necesidades máis básicas e xera conflictos nos barrios.

2.- Consideramos a ocupación unha resposta máis da clase traballadora á dificultade no acceso a vivenda. Existen experiencias de ocupacións organizadas por colectivos e movementos sociáis que supoñen unha revitalización dos barrios, sendo defendidas polos propios veciños e en
total comunión con eles. Porén, entendemos que non é mesmo a ocupación que trata de conxugar dereito a vivenda con respeto á veciñanza e crítica ao sistema capitalista, que a ocupación de primeiras ou segundas residencias, ocupacións facilitadas por mafias (a outra cara de moneda, que tamén lúcranse do dor das familias) ou ocupantes conflictivos que ocasionen problemas. O PCG defende a xustiza social e os casos de necesidade, pero non simpatizará con calquera cousa que colla a forma de ocupación e que poda ensuciar a imaxe dun movemento ou de colectivos vulnerávels.

3.- A empresa «Mi casa no es la tuya», creada recentemente en Lugo, lúcrase dunha traxedia como a de verse forzado polas circunstancias a ocupar para poder ter un teito, defendendo sen facer discriminación da situación a todo tipo de propietarios, e facendo polo tanto o papel de defensores do poderoso no contexto dun sistema inxusto. Non esquecemos que ésta
empresa está formada por coñecidos militantes de Vox, e forma parte da estratexia de éste partido de ultradereita de xerar unha crispación e un medo nos barrios e vilas que sirvan como punto de partida para o seu discurso de odio e xenófobo e as súas políticas discriminatorias e de defensa dos intereses do gran capital.


4.- Que na cidade segue a estar latente un interés dos poderes fácticos de sacar adiante unha ordeñanza de civismo similar á que foi rexeitada pola movilización da cidadanía de Lugo grazas ó traballo unitario de colectivos como Lugo Sen Mordazas. Non é casual que subíndose a cresta da crispación xeralizada, os capítulos de sucesos na nosa cidade reciban unha atención tan desproporcionada. Creemos que isto ten coma obxetivo crear unha alarma social que remate coa aprobación da norma que non puido saír adiante anos atrás e que repercutiría negativamente nos
dereitos e liberdades da cidadanía.

Ante éste panorama, o Partido Comunista de Galicia fai un chamado a tódolos colectivos sociais, culturáis, sindicáis e políticos a reconstruir un teixido unitario que poda facer frente aos embites reaccionarios. É fundamental que a resposta sexa o máis amplia posíbel, e evitando caer
tanto en provocacións da ultradereita como en actitudes descontroladas que podan sembrar confusión ou empequenecer os movementos sociáis. É onde a ultradereita quere situarnos e non debemos facilitarlles o traballo.

Lugo, venres 25 de setembro de 2020

Núcleo comarcal do Partido Comunista de Galicia en Lugo

Share