Chamamento en defensa da sanidade en Galicia

Share

O próximo domingo SOS Sanidade Pública convoca a todas as galegas e galegos a unha xornada de loita para defender a sanidade pública. Ás 12h sairá da Alameda de Santiago de Compostela unha gran manifestación para dicirlle, con claridade e firmeza, “NON” ao proceso de desmantelamento da nosa sanidade. Unha vez máis, as traballadoras vémonos na obriga de loitar polos nosos dereitos e rexeitar con contundencia o Proxecto da Nova Lei de Sanidade, a última inventiva do Partido Popular, e os seus compinches, para debilitar os servizos públicos de saúde.

O Proxecto da Nova Lei de Sanidade prevé a desaparición de varias zonas sanitarias do país, o que supón un chanzo máis na estratexia do PP para descapitalizar a sanidade pública e desviar ás pacientes a centros privados.

A sanidade é un dos dereitos fundamentais alcanzados pola clase traballadora e non podemos permitir que un goberno corrupto no lo arrebate para beneficiar os negocios e a avaricia duns poucos. Por iso, o Partido Comunista de Galicia súmase á xornada de loita, e anima e chama a acudir á manifestación, convocada por SOS Sanidade Pública, a todas as traballadoras e traballadores do país.

Contra o desmantelamento da sanidade pública!

Enchamos as rúas!

Share
Etiquetas: