Dende o Partido Comunista de Galicia na localidade de Vigo, lanzamos a campaña #AsasinatosEnPrecario para informar ás traballadoras sobre cales son os seus dereitos no que á saúde no traballo refírese.
Nos últimos meses, contemplamos impotentes como dous traballadores falecían en Vigo e outras tantas traballadoras presentaban lesións debido ao desempeño das súas tarefas en distintos postos de traballo.
Cada vez son máis as persoas que intentando subsistir, perden a vida pola falta de medidas de seguridade en empregos cada vez máis precarios. A ambición da patronal para seguir maximizando beneficios, non só supón incumprimientos flagrantes da lexislación vixente, senón que nos custa a saúde, e ás veces ata a vida.
A Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL) ten por obxecto promover a seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.
Durante as próximas semanas, iremos informando sobre os elementos máis importantes desta lei, para que saibades cales son os vosos dereitos e traballar non nos custe a vida.
Deja una respuesta