O pasado martes erguímonos coa nova da morte de Rosa, unha muller 81 anos afincada en Reus, Tarragona, vitima do lume prendido por unha vela que utilizaba para iluminala súa casa.
Facía dous meses que Gas Natural Fenosa lle cortara o suministro de luz por non poder facer fronte as facturas, saltándose tódolos protocolos públicos que garantizan que unha persoa en exclusión social quede sen os suministros básicos. Non se trata dun caso aillado xa que, no pasado ano, as bombeiras de toda a comunidade catalana denunciaron que o 70 por cento dos incendios en vivendas producíanse a causa da pobreza enerxética. Xa que a falta doutros métodos, estas persoas recorren ás velas, instalacións improvisadas ou a queima de materias para proporcionarse calor.
A todo o anterior hai que sumarlle a falta de coidados que están a sofrir as persoas en exclusión. E máis tratandose de persoas de avanzada idade, xa que se atopan en situación de desamparo tanto pola falta de recursos familiares e económicos, coma das administracións públicas que non velan para que poidan levar unha vida digna.
Por todo isto sumámonos o pasado sábado 20 de novembro a concentración convocada pola PAH, a Plataforma de Afectadas pola Hipoteca, fronte a sede que Gas Natural Fenosa ten na rúa Lopéz Mora de Vigo, para axudar a visibilizar a loita contra unha problematica crecente.
Denunciamos pois que nos atopamos ante un novo asasinato do sistema capitalista que, na súa versión máis crúa, castiga a unha anciá a ter que quentar e iluminala súa casa con lume.
Deja una respuesta